Sen dúbida, trouxemos o ritmo africano á Coruña! O 28 de xullo, e grazas á financiación da Concellaría de Culturas do Concello da Coruña, enchemos o Campo da Leña de ritmo, música e danza senegalesa co grupo de percusión Mbolo Mooye Doolé. Aquí vos deixamos un anaquiño do espectáculo.